Nestes días de corentena en casa, atopáchete con  algunha destas dificultades?

SITUACIÓN 1

“Síntome atrapad@ polo monotema do coronavirus. Por un lado quero apartalo, pero por outro non consigo deixar de mirar o WhatsApp ou programas de TV onde non paran de de falar sobre o covid-19”.

SITUACIÓN 2

Non paro de discutir coa miña parella/fill@/nai/pai/irmán/compañeir@”.

SITUACIÓN 3

“Non podo parar de comer”.

SITUACIÓN 4

“A casa/teletraballo/familia atrápanme e ao final do día, teño a sensación de estar máis estresad@ que antes, sen ter feito nada do que pretendía”

SITUACIÓN 5

“Síntome tan enfadad@ cos xestores de esta crise, que estou de mal humor todo o día”.

SITUACIÓN 6

“Estou aburrid@/desmotivad@ e cada vez síntome máis triste/agobida@”.

SITUACIÓN 7

“Síntome só/soa”.

SITUACIÓN 8

“Sinto ansiedade polo futuro/polo encerro/ polo meu traballo. Teño pesadelos”.

SITUACIÓN 9

“Teño medo. Obsesióname a posibilidade de que eu ou os meus teñamos covid-19, ou calquer outra enfermidade, e que non me podan atender nos hospitais”.

SITUACIÓN 10

“Estou moi preocupad@ e deprimid@. Persoas próximas están graves ou teñen falecido vítimas do covid-19, e non puiden nin apoialas nin despedirme”.

HOXE decidín estar en contra do dito: “Mal de moitos, consolo de tontos” Outro día, xa verei. HOXE, creo que nos podemos permitir que nos reconforte que todas estas dificultades estean a pasar en fogares, pequenos e grandes, do mundo enteiro. Incluso un recente estudo, lexitímanos a sentir esas emocións, dicíndonos que xa outr@s as sentiron en corentenas debidas a epidemias, que dende o 2003 veñen afectando a moitas persoas de diferentes culturas e lugares do mapa, e ás que agora, temos a sorte e a desgracia de poder entender mellor. (Como doe entender de primeira man!).

Dende o pasado 14 de marzo, o goberno tennos obrigado por lei a permanecer nas nosas casas, como mínimo, 4 semanas, co fin de que ENTRE TOD@S consigamos parar a propagación dun inimigo común, << o coronavirus >>, cunha MISIÓN absolutamente inaudita:

SALVAR A VIDA ÁS PERSOAS QUE NOLA DERON

HOXE (que importante é o hoxe nestas circunstancias, verdade?), como psicóloga, quero darNos o permiso para estar enfadad@s, tristes, agobiad@s, preocupad@s, aburrid@s, só/soas, aterrorizad@s, culpables (ou non) por sentir alivio pola parada imposta,  e ata esfamead@s cada 5 minutos.

Como non sentir algunha destas emocións dadas as tráxicas circunstancias que estamos a vivir?

Tamén HOXE, e tamén como psicóloga, (e evitei iniciar esta frase con un pero para non ser augafestas), utilizo outro dito para compartir contigo unha importancia advertencia:

O veleno está na dose.

(Deste dito estou máis a favor, por auto-recoñecerse velenoso en certas doseswink).

Pois si, esas emocións, como as de calquera outro signo, e incluso tamén diría, que como á mesmísima razón, convén non malcrialas. Deixarte levar polo negativismo, a tristeza ou a ansiedade, sen poñerlles límites, pode dar lugar, sen darte conta, a problemas máis graves.

Por iso, propóñoche que dende HOXE ampliemos a NOSA XA HEROICA CRUZADA contra o virus, e en palabras de Mona Chollet neste marabilloso artigo, prescríbonos unha primeira:

PSICO-VACINA

“Aproveitemos esta vía de escape e reunamos os tesouros que tanto necesitaremos o día no que nos devolvan as rúas”

  E como facelo?

Estes días, son moitas as recomendacións estándar que circulan por tódolos lados de cara a soportar a corentena: Evitar a  “infoxicación”, créate unha rutina, non “pixamees”, fai exercicio, coida a túa alimentación, pasa tempo cerca de puntos con luz natural, durme ben. Todas recomendacións, en principio moi lóxicas, pero…

Como levalas á práctica e nas doses axeitadas a TI e á TÚA REALIDADE?

Pois na busca dese como, decidín abrir a caixa de ferramentas da fascinante ciencia da psicoloxía, e dos seus diferentes enfoques, para dar con aquelas que nos poidan ser útiles para manter a raia cada un destes “malestares”, tan de humanos de aquí e de alá.

E sorpresa! Son tantas e tan fantásticas as ferramentas que encontrei, que me vexo obrigada a escribir un post por cada unha das 10 situacións coas que abría este artigo. A idea é conformar toda unha GUÍA PRÁCTICA con indicacións concretas para afrontar cada unha das dificultades da vida en corentena, guía que como comprobarás, seguirache sendo de utilidade, no teu día a día, unha vez superemos esta crise.

Por cal dos 10 malestares  vou comezar?

Pois aínda que me vin tentada pola dificultade nº 2, pola de fermosas técnicas que encontrei para fomentar o “bo rollo familiar”, finalmente decanteime pola nº 4, co fin de facer fronte ao estrés que poda supoñer o non organizarse dunha (que non da) forma axeitada.

Por que?

Porque deste xeito, empezaremos a nosa Guía con ferramentas coas que traballaremos principalmente a AUTOEFICACIA, << o crerse capaz de>>, que segundo o enfoque cognitivo conductual, pode provocar un efecto dominó, que derrube moitos dos outros malestares antes listados. (Xa me contarás. Igual afórrome  escribir un montón de artigos 😉 )

Peeeeeero (agora sen complexos), confeso que HOXE, non me gustan nada os conceptos que me evoca a palabra autoeficacia. Creo que nos pode levar a lóxicas de productividade de “cando as rúas estaban postas”. Por iso, como punto de partida do próximo post, e seguindo o enfoque narrativo da psicoloxía, REFORMULO significados, e quédome só con aquelas perspectivas que me axuden a dar cos anticorpos que compoñen a nosa PSICO-VACINA de HOXE:

ANTICORPO 1
Parar…
ANTICORPO 2
… E empezar a explorar outra relación co tempo, coa vida, coa actividade.

Así que,

Para TI que vives só/soa, e para TI que vives coa túa parella, para TI que vives con compañeir@/s, coñecid@/s, decoñecid@/s, tamén para TI que vives en familia, e por suposto para TI, que din eres PEQUEN@, pero que moitas veces entendes non sei se máis, pero si mellor. Para TOD@S NOSOUTR@S, teño unha primeira MISIÓN, <<A misión Cero>>, que pode parecer sinxela, polo seu envoltorio, pero que ten trampa..

AtrévesTE a liderala?

Adianto que se trata de tomar conciencia da compañía duns seres diminutos que coñecemos de sobra, e que a partir de agora se converterán n@s nos@s compañeir@s de…

METAMORFOSE

Adiviñas de que se trata?

Unha vez en marcha,

<< Cada día, obsérvaa e obsérvate>>

  E como isto parece ir de dose,

de redefinir

e de baixar marchas.

Intento dar coherencia ao meu discurso,

e aínda que ansiosa por contarche xa agora,

detéñome aquí.

Despídome ata o meu seguinte post,

no que en poucos días

compartirei conTigo,

ferramentas moi concretas

que nos ofrece a psicoloxía

para dosificar os “momentos de estres Nº 4”.

Probando así,

a ver que pasa,

cando vivimos o tempo,

tal e como o fai,

unha SEMENTE

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
Share This
× ¿Cómo puedo ayudarte?