Nestes días de corentena e nova normalidade, atopáchete con  algunha destas dificultades?

SITUACIÓN 1

“Síntome atrapad@ polo monotema do coronavirus. Por un lado quero apartalo, pero por outro non consigo deixar de mirar o WhatsApp ou programas de TV onde non paran de de falar sobre o covid-19”.

SITUACIÓN 2

Non paro de discutir coa miña parella/fill@/nai/pai/irmán/compañeir@”.

SITUACIÓN 3

“Non podo parar de comer”.

SITUACIÓN 4

“A casa/teletraballo/familia atrápanme e ao final do día, teño a sensación de estar máis estresad@ que antes, sen ter feito nada do que pretendía”

SITUACIÓN 5

“Síntome tan enfadad@ cos xestores de esta crise, que estou de mal humor todo o día”.

SITUACIÓN 6

“Estou aburrid@/desmotivad@ e cada vez síntome máis triste/agobida@”.

SITUACIÓN 7

“Síntome só/soa”.

SITUACIÓN 8

“Sinto ansiedade polo futuro/polo encerro/ polo meu traballo. Teño pesadelos”.

SITUACIÓN 9

“Teño medo. Obsesióname a posibilidade de que eu ou os meus teñamos covid-19, ou calquer outra enfermidade, e que non me podan atender nos hospitais”.

SITUACIÓN 10

“Estou moi preocupad@ e deprimid@. Persoas próximas están graves ou teñen falecido vítimas do covid-19, e non puiden nin apoialas nin despedirme”.

HOXE decidín estar en contra do dito: “Mal de moitos, consolo de tontos” Outro día, xa verei. HOXE, creo que nos podemos permitir que nos reconforte que todas estas dificultades estean a pasar en fogares, pequenos e grandes, do mundo enteiro. Incluso un recente estudo, lexitímanos a sentir esas emocións, dicíndonos que xa outr@s as sentiron en corentenas debidas a epidemias, que dende o 2003 veñen afectando a moitas persoas de diferentes culturas e lugares do mapa, e ás que agora, temos a sorte e a desgracia de poder entender mellor. (Como doe entender de primeira man!).

Dende o pasado mes de marzo de 2020, en moitos paises do mundo o goberno tennos obrigado por lei a permanecer nas nosas casas primeiro, e a sair en condicións de nova normalidade despois. O fin que ENTRE TOD@S consigamos parar a propagación dun inimigo común, << o coronavirus >>, cunha MISIÓN absolutamente inaudita:

SALVAR A VIDA ÁS PERSOAS QUE NOLA DERON

 

HOXE (que importante é o hoxe nestas circunstancias, verdade?), como psicóloga, quero darNos o permiso para estar enfadad@s, tristes, agobiad@s, preocupad@s, aburrid@s, só/soas, aterrorizad@s, culpables (ou non) por sentir alivio pola parada imposta,  e ata esfamead@s cada 5 minutos.

Como non sentir algunha destas emocións dadas as tráxicas circunstancias que estamos a vivir?

Tamén HOXE, e tamén como psicóloga, (e evitei iniciar esta frase con un pero para non ser augafestas), utilizo outro dito para compartir contigo unha importancia advertencia:

O veleno está na dose.

(Deste dito estou máis a favor, por auto-recoñecerse velenoso en certas doseswink).

Pois si, esas emocións, como as de calquera outro signo, e incluso tamén diría, que como á mesmísima razón, convén non malcrialas. Deixarte levar polo negativismo, a tristeza ou a ansiedade, sen poñerlles límites, pode dar lugar, sen darte conta, a problemas máis graves.

Por iso, propóñoche que dende HOXE ampliemos a NOSA XA HEROICA CRUZADA contra o virus, e en palabras de Mona Chollet neste marabilloso artigo, prescríbonos unha primeira:

PSICO-VACINA

“Aproveitemos esta vía de escape e reunamos os tesouros que tanto necesitaremos o día no que nos devolvan as rúas”

  E como facelo?

Estes días, son moitas as recomendacións que circulan por tódolos lados de cara a soportar a corentena: Evitar a  “infoxicación”, créate unha rutina, non “pixamees”, fai exercicio, coida a túa alimentación, pasa tempo cerca de puntos con luz natural, durme ben. Todas recomendacións, en principio moi lóxicas, pero…

Como levalas á práctica e nas doses axeitadas a TI e á TÚA REALIDADE?

Pois na busca dese como, decidín abrir a caixa de ferramentas da fascinante ciencia da psicoloxía, e dos seus diferentes enfoques, para dar con aquelas que nos poidan ser útiles para manter a raia moitos dos “malestares” cos que comenzaba, tan de humanos de aquí e de alá.

Por onde empezar semellante RETO?

Pois despois de darlle moitas voltas,  finalmente decanteime por atacar a situación nº 4, co fin de facer fronte ao estrés que poda supoñer  non organizarse dunha (que non da) forma axeitada.

Por que?

Porque deste xeito, empezaremos con ferramentas coas que traballaremos principalmente a AUTOEFICACIA, << o crerse capaz de>>, que segundo o enfoque cognitivo conductual, pode provocar un efecto dominó, que derrube moitos dos outros malestares antes listados. (Xa me contarás. Igual afórrome  escribir un montón de artigos 😉 )

Peeeeeero (agora sen complexos), confeso que HOXE, non me gustan nada os conceptos que me evoca a palabra autoeficacia. Creo que nos pode levar a lóxicas de productividade de “cando as rúas estaban postas”. Por iso, como punto de partida do próximo post, e seguindo o enfoque narrativo da psicoloxía, REFORMULO significados, e quédome só con aquelas perspectivas que me axuden a dar cos anticorpos que compoñen a nosa PSICO-VACINA de HOXE:

ANTICORPO 1
Parar…
ANTICORPO 2
… E empezar a explorar outra relación co tempo, coa vida, coa actividade.

Así que,

Para TI que vives só/soa, e para TI que vives coa túa parella, para TI que vives con compañeir@/s, coñecid@/s, decoñecid@/s, tamén para TI que vives en familia, e por suposto para TI, que din eres PEQUEN@, pero que moitas veces entendes non sei se máis, pero si mellor. Para TOD@S NOSOUTR@S, teño unha primeira MISIÓN, <<A misión Cero>>, que pode parecer sinxela, polo seu envoltorio, pero que ten trampa..

AtrévesTE a liderala?

Adianto que se trata de tomar conciencia da compañía duns seres diminutos que coñecemos de sobra, e que a partir de agora se converterán n@s nos@s compañeir@s de…

METAMORFOSE

Adiviñas de que se trata?

Unha vez en marcha,

<< Cada día, obsérvaa e obsérvate>>

E como isto parece ir de dose,

de redefinir

e de baixar marchas.

Intento dar coherencia ao meu discurso,

e aínda que ansiosa por contarche xa agora,

detéñome aquí.

Despídome ata o meu seguinte post,

no que en poucos días

compartirei conTigo,

ferramentas moi concretas

que nos ofrece a psicoloxía

para dosificar os “momentos de estres Nº 4”.

Probando así,

a ver que pasa,

cando vivimos o tempo,

tal e como o fai,

unha SEMENTE

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
Share This
× ¿Cómo puedo ayudarte?