Preguntas frecuentes

 

¿Canto vai durar a terapia?

Salvo casos puntuais, o habitual é que as sesións sexan quincenais, con unha duración  por sesión de  60-90 minutos.

Respecto ao número de sesións, acorde ao modelo terapéutico co que traballo, a idea é que a terapia sexa o máis breve posible, estando a media de sesións en 10,  pero  podendo variar a máis o menos sesións, segundo o caso.

Que prezo ten cada sesión?

No convencemento de que a saúde é un dereito ao que todo o mundo debería ter acceso, ofrecemos tarifas especiais para determinadas situacións, así como as máximas facilidades de pago, ademais dun prezo único para a 1ª entrevista, aplicable a todo tipo de terapias, para que @s clientes valoren nese primeiro contacto, se senten conexión tanto co plan proposto, como coa terapeuta que o propón, e por tanto, se están motivadas a continuar.

Tarifa 1ª entrevista: 50% de desconto

Tarifa T. individual: 50€/sesión

Tarifa T. de parella: 65€/sesión conxunta

Tarifa T. Familiar: 80€/sesión conxunta

Tarifa Mediación: 80€/sesión conxunta

*Tódalas tarifas mencionadas inclúen IVE.

Cal é o modelo de intervención empregado?

O principal modelo de intervención terapéutica co que traballo é a Terapia Breve ou Terapia centrada en solucións, enfoque eminentemente práctico que dende un punto de vista sistémico, basease en traballar no menor tempo posible, a detección do problema, a determinación de obxectivos e a busca creativa de solucións e ferramentas, que nos preparen ademais, a enfrontarnos de maneira exitosa a futuras situación problemáticas que xurdan ao longo da vida.

Outros modelos como o Cognitivo Conductual ou a Terapia narrativa tamén me fornecen de ferramentas útiles na terapia.

No meu caso, realmente será útil acudir a terapia?

Moitos estudos indican que a maioría das persoas notan melloría e alivio dende a primeira sesión, pois a simple decisión de pedir axuda a unha profesional, que ademais está aí para escoitar sen xuízos, xa mobiliza cara a recuperación.

Persoalmente, valoro moito o tempo, o compromiso e o diñeiro que invistes no proceso terapéutico, polo que si na primeira entrevista considerara que o teu problema está fora da miña especialidade, ou ben ao longo da terapia, vira que por algún motivo non estou sendo de axuda, sen dubidalo, faríacho saber de inmediato.

A asistencia a terapia e o tratamento son confidenciais?

A confidencialidade sobre a asistencia a terapia e sobre todo o tratado en sesión, é un deber fundamental inherente a nosa profesión, tanto respecto a terceiras persoas alleas ao cliente, como respecto a outras asistentes á terapia, en caso de terapias de parella ou terapias familiares, con quen para sacar certos asuntos tratados en sesións individuais, debemos obter previamente un consentimento concreto e expreso.

Tes algunha outra dúbida?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
× ¿Cómo puedo ayudarte?