Sobre min

 

Ola! Son Carmen Quílez,

e entre outras cousas, psicóloga e mediadora, especializada en Psicoterapia familiar.

Sobre min, algo que destacaría, é ser unha persoa felizmente afectada por circunstancias e decisións, que de poder escoller, non volvería a vivir, nin a tomar.

Non volvería a estudar Dereito e Administración e Dirección de Empresas, estudos que non obstante, téñenme dado persoas, coñecementos e proxectos, que quizais me farían cambiar de opinión.

De poder escoller, tampouco volvería vivir períodos como a crise económica, crise que quixo minguar unha parte de min, e que con todo, resultou ser unha fonte de oportunidades e aprendizaxes, a moi diferentes niveis. A ela débolle Irlanda, Galicia ou proxectos como Cousas da Terra e Fogar Natural, con todas as persoas e a revolución vital que estas implican.

Pero sobre todo, co imprescindible apoio do meu compañeiro de vida, a crise supuxo tempo  —outro tesouro que nos costa recoñecer cando está— e que me brindou unha nova oportunidade de estudar aquilo que sempre me apaixonou, e que me permite hoxe como psicóloga, acompañarte na busca dos cambios que necesitas para saberte e sentirte cada vez máis feliz, a pesar de circunstancias e decisións que non volverías a vivir, nin a tomar ¿Ou si? ¿Empezamos?

Saber más

Universidade Pablo Olavide (Sevilla)

  • Licenciatura en Dereito, especialidade en Dereito da Empresa.
  • Licenciatura en Dirección e Administración de Empresas.

Universidade Santiago de Compostela (USC)

Universidade Nacional de Educación a Distancia

  • Grado en Psicoloxía, especialidade en Psicoloxía da saúde

Federación Española de Asociacions de Terapia Familiar            

180º Unidade de psicoloxía (R/Camiño dos vilares, 94 , Santiago)

Loft Psicólogos Espazo Clínico ( R/ Hedras, 6 , Milladoiro)

Centro de Terapia Familiar Sistema ( S. Andrés, 35 , A Coruña)

Unidade de terapia Venres Clínico (facultade de psicoloxía, USC)

 

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
× ¿Cómo puedo ayudarte?