Agora si! Comezamos coa parte máis práctica da nosa Guía para afrontar a corentena.

Como anunciei no capítulo 0, dispóñome a compartir contigo unha serie de artigos con TÉCNICAS, que che poden ser de utilidade á hora de enfrontar os diferentes malestares, que nos poden sobrevoar tanto nestes días de confinamento, como fóra deles.

No artigo de hoxe traballaremos como organizarnos para VIVIR MELLOR O TEMPO e combater sentimentos de  ESTRÉS e  INSATISFACCIÓN, con técnicas que che seguirán botando unha man, unha vez finalizada a corentena

SITUACIÓN 4

“A casa/teletraballo/familia atrápame e ao final do día, teño a sensación de estar máis estresad@ que antes, sen ter feito nada do que pretendía”.
Un artigo da revista Muy interesante de hai moitísimo tempo, calculaba o tempo total que adicábamos en toda a nosa vida a certas rutinas:

23 anos ininterrompidos durmindo

8-9 anos adicámolos a traballar

6-7 anos a comer

5 anos a ver a TV

2 anos a falar/escoitar

1 ano e 10 días a festexar

1 ano e 258 días a rir

50 días a chorar

Máis alá da exactitude destes anecdóticos datos, estes cálculos leváronme a pensar na falta de rutinas de REFLEXIÓN coas que nos temos acostumado a vivir.

Canto tempo adicamos a pensar sobre o EU que FOMOS, o EU que estamos SENDO e o EU que nos gustaría SER?

Non sei se concordas comigo, pero diría que a maior parte do noso tempo percorrémolo en automático, reaccionando á vida, e deixando reflexións como estas a momentos de crise vitais: ao rematar unha relación, ao perder un ser querido, ao deixar un traballo… Momentos todos, onde o equilibrio emoción-razón está moi danado.

Ollo! Non digo que o “modo automático” non poda funcionar, nin que non sexa útil en moitas ocasións. Como sempre digo, se a ti che funciona, é perfecto!

TECNICAS PARA VIVIR MELLOR O TEMPO

As 3 TÉCNICAS que propoño hoxe son para aquelas persoas que queiran probar a ver que pasa ao tomar máis consciencia de SI mesmas. Adiántoche a carta, pero lembra que non se trata dun menú fechado, senón dun buffet, sírvete o que queiras e na cantidade que che sexa útil:

1

A PEQUENA FELICIDADE

Técnica para cazar praceres que provén da Terapia Centrada en Solucións.

2

A TARTA DA VIDA

Técnica para reflexionar sobre obxectivos vitais, orixinada da Psicoloxía positiva.

3

O MEU DIARIO

Técnica de organización e de toma de consciencia do noso día a día, baseada principalmente no método dirixido ao logro de obxectivos, do enfoque cognitivo condutual, proposto por Marcos Vázquez no seu libro Invicto. 

4

EXERCICIO ESPECIAL DESCONFINAMENTO

Exercicio final para quen  non quiera volver á normalidade que deixamos.

ANTES DE COMENZAR

Elixe un CARDERNO BONITO que teñas na casa, ou fai que calquer caderno sexa bonito. A partir de agora será o teu compañeiro de viaxe.

A DURACIÓN que propoño en cada técnica é orientativa. A duración ideal é a que ti necesites.

Hoxe, é o confinamento o que condicionará algunhas das túas opcións, pero si te fixas, poucas veces non estamos condicionad@s por esta ou a outra circunstancia, polo que é moi importante que SIGAS ALIMENTANDO O TEU CUADERNO ao volver á “nova normalidade”.

Técnicas como A Pequena felicidade e O meu Diario, adaptadas, poden ser tamén moi axeitadas para NEN@S a partir de 5-6 anos. Por que?

*Porque lles axudara a traballar a tan importante autoeficacia que se empeza a formar na primeira infancia

*Porque ademais lles introducirán en rutinas de reflexión que serán unha compañía ideal durante o seu crecemento.

*Porque compartir con eles estas actividades, paradóxicamente poden motivarlles a ser mais independentes e a entender e respectar mellor os vosos horarios. (Cousa que vos pode dar a vida nestes días! Non é?)

A PEQUENA FELICIDADE

15-30 minutos

Enumera no teu caderno aquelas cousas que supoñen para ti unha PEQUENA FELICIDADE, un mimo a ti mesm@, esas cousas que che producen pracer instantáneo e prográmaas no teu día a día. Diferencia entre:

PEQUENA FELICIDADE INDIVIDUAL

Unha longa ducha, unhas onzas de chocolate, tempo de lectura, unha sesta, un rico almorzo, a túa serie favorita, tomar o sol nunha xanela, ou por suposto, tempo para facer nada…

PEQUENA FELICIDADE COMPARTIDA

Ver unha película acompañad@, xogar co/a teu/túa fill@, chamar a unha amiga, facer unha videoconferencia múltiple con amig@s, gozar acompañad@ dunha rica comida…

Idealmente na túa lista deben aparecer:

1. COUSAS QUE XA FORMAN PARTE DO TEU DÍA A DÍA, agora reetiquetadas como pequenas felicidades.

2. COUSAS QUE NON FAS HABITUALMENTE, polas circunstancias que sexan, pero que che gustaría recuperar ou probar a facer (hoxe por hoxe, que remedio, dentro da casiña)

 

A pequena felicidade NON SON OBRIGAS que fas de boa gana porque fan feliz a outr@s ou porque sabes que son boas para ti. Se xogar co/a teu/tua nen@ ou facer exercicio non che entusiasma, formará parte de outra lista, pero non desta.

Para que é tan importante detectar estas pequenas felicidades?

*Para non deixar que o noso día sexa dirixido so por obrigacións que non se lembran de nos mimar.

*Para  non agardar a perder as cousas, para valoralas.

Non son as cousas que nos fan felices ou infelices, senón a nosa opinión sobre elas. As nais con bebés nacidos recentemente saben moito disto: cantas felicidades ofrece a soidade dun simple cuarto de baño, verdade? 😉

A TARTA DA VIDA

De 30 minutos en adiante

Debuxa un círculo no teu caderno.  Que parte da tarta adicas a cada un destes ámbitos da vida?

Eu e o meu corpo-mente

Eu e a miña familia

Eu e a miña parella

Eu e os meus/miñas amig@s

Eu e o meu traballo

Eu e o planeta

Por suposto, MODIFICA, INCLÚE, e EXCLÚE calquera destes ámbitos que che propono, segundo as túas circunstancias e escala de valores. ¿SATISFEIT@ co TAMAÑO de tódalas as proporcións? Se é así, os meus parabéns! Sigue así! Se pola contra, consideras que hai anacos demasiado pequenos ou grandes, e non te sentes cómod@ con elo: MARCA en cada un deles unha ou varias METAS CONCRETAS que che poderían axudar a EQUILIBRALOS.

A distribución perfecta é a que che faga sentir ben a ti. Para quen teña dúbidas sobre que é sentirse ben, pode probar a revisar se o seu día a día, a pesar dos “ingredientes” que non dependen de un/unha mesm@, conta con estes 3 outros:

  • Unha cullarada sopeira de PEQUENAS FELICIDADES.
  • Outra ben colmada de MOTIVOS de calquera tamaño (Estar motivado non é ter ánimo, senón ter motivos).
  • Unha boa receta de XESTIÓN DE ERROS E LOGROS.

O MEU DIARIO

10 minutos ao día

Escribe na contraportada do teu caderno as seguintes preguntas:

Pregunta SEMANAL

  • Domingos, nun oco tranquilo.
  • Cun traballo previo da Tarta da vida, este exercicio no debería durar máis de 10 minutos.
  • Un obxectivo semanal, pode derivar tamén dun obxectivo máis complexo a medio ou longo plazo, para cuxa planificación che recomendo o programa invicto.
  • Marca 1 obxectivo como mínimo e 3 como máximo.

Cal é o meu obxectivo principal desta semana?

Exemplo 1

Detectei que adico demasiado tempo ao traballo e quefaceres diarios e pouco a gozar de actividades divertidas cos meus/miñas fill@s.

  • OBXECTIVO SEMANAL 1: Vou  xogar cos/coas meus/miñas nen@s 30 minutos ao día, adicando algúns días a facer manualidades, que sempre me encantaron facer.

Exemplo 2

Para agrandar o anaco do EU gustaríame empezar a facer exercicio, pois creo que me pode axudar a sentir mellor física e mentalmente.

  • OBXECTIVO SEMANAL 2: Vou empezar a facer exercicio 3-4 días á semana, 30 minutos ao día. O primeiro que vou  facer é buscar un plan de exercicios en YouTube que vaia comigo.

A claridade dáche poder: canto máis concretes o que facer e como facer, mais probabilidades tes de chegar a facelo.

Empeza agora, optimiza despois: non te obsesiones co plan perfecto, quizás o/a adestrador/a que elixas hoxe en YouTube nuns días se che faga corta ou grande, xa irás dando co plan máis axeitado para ti.

Peguntas DIARIAS

  • Ao inicio do día preferentemente
  • Para converterse en rutina debe ser un exercicio áxil que en xeral, non dure moito mais de 10 minutos.

Qué me gustaría facer-non facer e que teño que facer hoxe?

Fai  unha LISTA DE ACTIVIDADES con:

1

Como mínimo 1 PEQUENA FELICIDADE: Concreta as horas máis probables para gozalas.

Abusa das pequenas felicidades coas que non vas a poder contar unha vez remate o confinamento (pero que non sexa xusto á hora de comer chocolate 😉)

2

Enumera os quefaceres diarios da casa/familia que queres facer hoxe ou que te corresponden segundo acordes coa túa parella/compañeir@:

  • Cociñar a medio día
  • Limpar o baño
  • Axudar aos nenos a facer as súas tarefas do cole…

3

En caso de TELETRABALLO/ESTUDO: Delimita ben o horario.

Aplicacións como Follas de tempo pódenche axudar a ser consciente dos tempos que realmente adicas tanto ao traballo, como a outras actividades (a min isto axúdame bastante) Para organizar o teletraballo/estudo podes facer unha versión traballo de O MEU DIARIO.

4

Actividade cara ao OBXECTIVO SEMANAL 1

  • Sobre as 17 vou  xogar 30 minutos cos/coas meus/miñas fill@s
    • Versión reducida: 10 minutos de xogo

Para cada actividade que consideres complicada de levar a cabo, establece unha versión reducida. Mellor dar una paso cara o teu obxectivo, que quedarte parad@. A miña frase favorita: Que o perfecto non sexa inimigo do bo.

5

Actividade cara ao OBXECTIVO SEMANAL 2

  • Vou facer 30 minutos de exercicios sobre as 18h, que é a hora que creo me ven mellor.
    • Versión reducida: Vou facer 25 sentadillas

Se tes problemas de tempo, sempre podes unir actividades compatibles. OLLO, isto non é o ideal se detectaches falta de tempo para ti ou se @s teus/tuas fill@s van a demandarche máis atención que os propios exercicios, pero de novo, que o perfecto non sexa inimigo do bo.

De que me sinto agradecid@ hoxe?

Cóntalle ao teu caderno 1 cousa da que te sintas agradecid@, elixindo cada día algo diferente ou non. O beneficio psicolóxico, e por tanto físico,  de pararnos a “aplaudir” cada día ás moitas cousas que temos para agradecer  é máis do que podemos pensar. Marcos Vazquez explícalo moi ben neste artigo.

Como foi o meu planning de onte?

Marco as actividades do día anterior cos seguintes símbolos e coa información que esta rápida avaliación me da, planifico o día de hoxe:

N
Actividade completada (Que ben senta esta parte!)

[

Actividade en curso.

M
Actividade sin hacer. (Si teño demasiadas X,  xa sei que hoxe non debo cargar tanto a  miña axenda)

EXERCICIO ESPECIAL DESCONFINAMENTO

Non sei se ti tes a mesma sensación, pero estes días noto certo consenso en persoas de moi diferentes ideoloxías respecto á necesidade de non volver á normalidade que deixamos, aínda que tamén moito escepticismo respecto á capacidade de cambio que temos como sociedade.

Eu comparto en parte ambas ideas, e aínda que entendo que a nosa capacidade de manobra é limitada, propóñoche un exercicio para que ASUMAMOS A NOSA PARTE DE RESPONSABILIDADE:

Cóntalle ao teu diario  QUE NON TE GUSTA desa normalidade que deixamosQUE VAS A FACER TI, tanto a nivel individual, como a nivel familiar, profesional e social, para non volver a esa parte da normalidade, que cres non debería seguir sendo normal. Despois, tradúcelo en obxectivos e actividade a incluír no teu Diario semanal e diario.

PARA REMATAR

Estes sinxelos exercicios son unha invitación a que adiques tempo a ESCOITARTE, para VIVIR dun xeito máis consciente.

Pero, coidado! Teñen prospecto:

 

Están CONTRAINDICADOS PARA TI

Se consideras que xa reflexionas e te escoitas, aínda que de outras formas, ou incluso, se xa o fas en exceso. Tampouco son para ti, se sentes que o modo automático por defecto che funciona, ou se tanta organización che supón mais estrés. Lembra o artigo COMO SAIR DUN CIRCULO VICIOSO?: o que para uns/unhas é un “remedio”, para outr@s pode ser o problema.

Poden estar INDICADOS PARA TI

Se a túa solución nunca veu da man de ESCOITARTE, é probable, que estes exercicios che axuden a reducir o teu estrés ao traballar o teu “saberte capaz de”. Ademais, outra boa noticia: é tamén moi probable que notes unha mellora importante, tanto no teu estado de ánimo, como na actitude coa que afrontas as diferentes dificultades, que inevitablemente seguirán sobrevoándonos.

E ti, en que grupo dos 2 te atoparías?

Crees que poderías aproveitar dalgún xeito estas técnicas no teu dia a dia?

Agardo os teus comentarios!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
Share This
× ¿Cómo puedo ayudarte?