Terapia de parella

Sobre a Terapia de Parella

 

Se queredes mellorar a vosa comunicación e aprender a resolver conflitos cotiás, ou necesitades restablece a confianza perdida, empezar a funcionar como un equipo respecto á educación dos vosos fillos, ou enfrontar de forma máis positiva crisis vitais ou cambios sobrevindos: distancia física, enfermidades, dolos, problemas sexuais, coidado de familiares. En definitiva, se queredes seguir crecendo como parella, e por tanto, como persoas, a terapia pode ser de gran axuda para que a vida en parella volva a ser unha fonte de apoio e bos momentos.

Se polo contrario, xa tedes a separación máis ou menos clara e o que buscades é que esta sexa o menos traumática posible para todas, sobre todo en aqueles casos nos que hai fillos e a relación como pais debe continuar, a terapia é tamén unha opción moi aconsellable que vos pode dotar de ferramentas útiles para soportar esa dolorosa etapa nas súas diferentes fases, minimizando os posibles danos colaterais.

Respecto ao desenrolo das sesións de terapia en parella, o ideal é que sexan ambas partes as que acudan ás sesións, pero o feito de que unha das partes en principio non se anime a acudir, non impide á parte interesada iniciar unha terapia individualmente e conseguir resultados positivos respecto á relación.

Por que non intentalo?

680 94 75 15

Rúa de San Pedro, 37, 4ª Planta, Santiago de Compostela.

info@carmenquilezpsicologa.es

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
× ¿Cómo puedo ayudarte?