Terapia individual

A PSICOTERAPIA INDIVIDUAL é un espazo de reflexión acompañada que nos axudará tanto a comprender as dinámicas nas que podemos atopar atrapadas, como a descubrir as ferramentas necesarias para conseguir solucións concretas, a problemas concretos.

Vivimos nun contexto moi complexo e esixente que nos pon a proba continuamente: a xestión dos pequenos problemas do día a día, do estrés familiar e/ou laboral, das relacións cos demais, dos inevitables cambios vitais, así como dos posibles acontecementos traumáticos aos que estamos expostos, todos eles son retos continuos, que non sempre temos por que estar preparadas a enfrontar soas.

Estas situacións, pódenos facer convivir de xeito prolongado con un malestar psicolóxico, que moitas veces asumimos como inevitable, e que de non prestarlle a debida atención, pode rematar manifestándose a través de diferentes síntomas, para os que xa, o inevitable  é non pedir axuda: Episodios de ansiedade, estados depresivos, medos desproporcionados, consumos excesivos, relacións pouco saudábeis coa comida, ou calquera outro tipo de trastorno psico-biolóxico.

Para calquera destes casos, ben sexa un conflito cotiá para o que crees ter intentado todo, ben sexa un síntoma manifesto fora de control, recomendámosche, que ao igual que vas ao dentista cando doe una moa ou chamas a un técnico cando se rompe a lavadora, te descargues da  responsabilidade de ter que poder soa e abandones a asunción de que o malestar psicolóxico é algo normal que xa pasará.

Pide axuda profesional e experimenta o alivio instantáneo de compartir esa responsabilidade.

680 94 75 15

Rúa de San Pedro, 37, 4ª Planta, Santiago de Compostela.

info@carmenquilezpsicologa.es

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. ACEPTAR

Aviso de cookies
× ¿Cómo puedo ayudarte?